A 9ª Xornada da Liga Xunta de Galicia de Break foi no CGTD de Pontevedra!!!

Mini Ali coróase como campiona da categoría intermedia a falta do derradeiro evento da Liga de Break.

 

A novena Xornada da Liga Xunta de Galicia de Break, celebrada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra) puxo a Mini Ali (Ourense) matematicamente como campiona da liga na categoría intermedia. Na mesma categoría, bboy Wolfy (A Coruña), tras quedar finalista contra mini Ali e a falta dunha xornada, obtivo o segundo posto do campionato galego. Na próxima xornada estará a mirada posta nas bgirls Kwai e Pau,  que se disputarán a terceira posición do ranking.

 

En categoría avanzada Bboy Marcel foi o gañador da xornada, posicionándose a so 20 puntos de Bboy Amor. Bboy Jerox deu a sorpresa da xornada, que tras batirse contra Bboy Manu e Bboy Chiscrow avanzou ata unha desputada final contra Marcel. Grandioso nivel están amosando os competidores desta categoría.

 

Impresionante papel fixeron tamén os rapaces e rapazas da escola Gravitty de Lugo, que en categoría de iniciación amosaron un gran nivel competitivo, e que pese a non disputar a maioría das xornadas, demostraron que teñen un gran talento para loitar polos mellores postos do campionato. Bboy Pedrosa segue na escalada polo campionato, que tras gañar na final a Bboy Chanq, colócase a 60 puntos do líder actual, Bboy Revolt.

 

O secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, estivo presente na entrega de premios da xornada.

 

O evento estivo dirixido por Norte ao micro Dj Mil aos pratos. Na formación do xurado contouse con a presenza de Danny FK, Artur e Anxo Flava.

 

RESULTADOS:

 

Categoría Iniciación:

🥇Pedrosa (Vigo)
🥈Chanq (Vigo)

 

Categoría Intermedia:

🥇Mini Ali (Ourense)
🥈Wolfy (A Coruña)

 

Categoría Avanzada:

🥇Marcel (Santiago de Compostela)
🥈Jerox (Vigo)

 

 

 

#LigaXuntaBreak