Teléfono (axuda co formulario): 637 089 318
Correo do Soporte: info@ligaxuntabreak.org
A Liga Xunta de Galicia de Break é un programa de competición composto por un circuíto de eventos espallados por toda a xeografía galega.
Ver Dosier en PDF

O Breaking debutou como deporte olímpico nos Xogos de París 2024 e repetirá nos Xogos Olímpicos da Xuventude Dakar 2026. Este proceso de inclusión do Break no programa olímpico, ven enmarcado nunha clara tendencia de expansión dos deportes urbanos por todo o mundo.
Poderán participar na liga, en calquera dos formatos e categorías de competición previstas, todas as persoas que teñan 6 ou máis anos para os eventos Open Liga e sen límite de idade para os eventos federativos. A Liga vai dirixida a practicantes de Break de iniciación e tamén a avanzados, que poderán participar nas correspondentes categorías previstas nos eventos Open Liga e no Campionato Galego federado.
CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN

Poderán participar na Categoría Iniciación todas as persoas que comezan a practicar Break e non teñen experiencia no ámbito competitivo.
Poderán participar na Categoría Intermedia todas as persoas que competiron nesta categoría no 2025 e os/as que acadaran entre o 1º e o 10º posto do Ranking 1vs1 de Iniciación da Liga de Break do 2025.
As competicións de liga contemplan 3 categorías (Iniciación, Intermedia e Avanzada) para a Open Liga 1vs1 (individual). O evento de Campionato Galego (evento federado) rexeranse pola normativa de Breaking FEBD.
FORMATOS DE COMPETICIÓN

Formato de competición 1vs1 aberto con 3 categorías; a) Iniciación, b) Intermedia, c) Avanzada.

Formato de competición 1vs1 dividida nas categorías oficiais de Breaking da FEBD (consulta o regulamento oficial da federación).
Participa na Liga Xunta Break 2026!




Non é necesario ter nivel para competir na Liga. Contaremos con 3 categorías diferentes para a competición OPEN Liga e poderás seleccionar aquela que corresponda co teu nivel técnico. Por outra banda, se compites a nivel federativo poderás obtar ao título de campión/campioa galega.
Sí. Poderán inscribirse para participar na Liga, en calquera dos formatos e categorías de competición previstas, todas as persoas que teñan 6 ou máis anos (para os eventos OPEN Liga e sen límite de idade para os eventos federativos).
A maior parte dos eventos da Liga están previstos para realizarse en prazas e parques ao aire libre. No caso de mal tempo, o evento moverase a un espazo cuberto o suficientemente amplo para manter as óptimas condicións técnicas.
Efectivamente, todos os eventos da Liga contarán cun seguro de accidentes deportivos que cubrirá toda a tempada para os eventos OPEN Liga. No caso dos eventos federativos deberás dispoñer de licenza activa.
Non, os eventos da Liga terán un aforo limitado e para poder acceder ás pistas de baile será requisito ter realizada previamente a inscrición a través do formulario web.
Sí. Se queres participar nos talleres é preciso que realices a inscrición a través da páxina web da Liga.
Sí, as prazas son limitadas e adxudicaranse por estricta orde de inscrición.
Non, a inscrición na Liga é de balde e da dereito a participar nos eventos da Liga.
INSCRICIÓN
Teléfono (axuda co formulario): 637 089 318
Correo do Soporte: info@ligaxuntabreak.org
