A LIGA

A Liga Xunta de Galicia de Break é un programa de competición composto por un circuíto de eventos espallados por toda a xeografía galega.

Ver Dosier en PDF
Home
Home

Breaking, deporte olímpico!

O Breaking debutou como deporte olímpico nos Xogos de París 2024. Este proceso de inclusión do Break no programa olímpico, ven enmarcado nunha clara tendencia de expansión dos deportes urbanos por todo o mundo, xa que o Skate, o BMX e o Basket 3x3 tamén teñen o seu debut como deportes olímpicos nos Xogos de Tokyo 2021.

DESTINATARIOS

Poderán participar na liga, en calquera dos formatos e categorías de competición previstas, todas as persoas que teñan 6 ou máis anos para os eventos Open Liga e sen límite de idade para os eventos federativos. A Liga vai dirixida a practicantes de Break de iniciación e tamén a avanzados, que poderán participar nas correspondentes categorías previstas nos eventos Open Liga e no circuíto federado.

CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN

CATEGORÍA INICIACIÓN

CATEGORÍA INICIACIÓN

Poderán participar na Categoría Iniciación todas as persoas que comezan a practicar Break e non teñen experiencia no ámbito competitivo.

CATEGORÍA INTERMEDIA

CATEGORÍA INTERMEDIA

Poderán participar na Categoría Intermedia todas as persoas que competiron nesta categoría no 2024 e os/as que acadaran entre o 1º e o 10º posto do Ranking 1vs1 de Iniciación da Liga de Break do 2024.

CATEGORÍA AVANZADA

CATEGORÍA AVANZADA

Poderán participar nesta categoría as persoas con nivel técnico medio-alto e experiencia acreditada no ámbito competitivo e tamén os/as competidores que acadaran os postos 1º,2º e 3º do Ranking 1vs1 da Categoría Intermedia da Liga de Break 2024.

Participa e compite en varios eventos para sumar puntos no Ranking!

As competicións de liga contemplan 3 categorías (Iniciación, Intermedia e Avanzada) para os eventos Open Liga 1vs1 (individual). Os eventos de competición Bronze series e Silver series (eventos federados) rexeranse pola normativa de Breaking FEBD.

FORMATOS DE COMPETICIÓN

OPEN LIGA

OPEN LIGA

Formato de competición 1vs1 aberto con 3 categorías; a) Iniciación, b) Intermedia, c) Avanzada.

FGBD LIGA

FGBD LIGA

Formato de competición 1vs1 dividida nas categorías oficiais de Breaking da FEBD (consulta o regulamento oficial da federación).

AS SEDES da Liga 2025

Participa na Liga Xunta Break 2025!

FGBD LIGA
FGBD LIGA

REGULAMENTO OPEN LIGA

Regulamento para os eventos Open Liga.

Descargar Regulamento Open Liga
FGBD LIGA
FGBD LIGA

REGULAMENTO FGBD LIGA

Regulamento para os eventos federados da FGBD Liga.

Descargar Regulamento FGBD Liga

RANKING

O Ranking é unha lista ordeada das puntuacións obtidas polos/as participantes da Liga, que se establece en base aos criterios determinados no regulamento de competición.

RANKING 2024Ranking 2023

PREGUNTAS FRECUENTES

¿Hai que ter un nivel alto para participar na Liga?

Non é necesario ter nivel para competir na Liga. Contaremos con 3 categorías diferentes para a competición individual e poderás seleccionar aquela que corresponda co teu nivel técnico. Por outra banda, se compites en parella (2vs2) poderás formar equipo con participantes de distintas categorías.

¿Poden competir os menores de idade?

Sí. Poderán inscribirse para participar na Liga, en calquera dos formatos e categorías de competición previstas, todas as persoas que teñan 6 ou máis anos. No caso dos menores de idade, deberá aportarse una autorización do representante legal para finalizar o proceso de inscrición.

¿As competicións de Liga realizaranse ao aire libre ou en espazos cubertos?

A maior parte dos eventos da Liga están previstos para realizarse en prazas e parques ao aire libre. No caso de mal tempo, o evento moverase a un espazo cuberto o suficientemente amplo para manter as óptimas condicións técnicas.

¿As prazas son limitadas?

Sí, as prazas son limitadas e adxudicaranse por estricta orde de inscrición. No caso de que non se cubran todas as prazas no prazo de inscrición inicial, ou pola non concorrencia de participantes a 5 ou máis eventos da Liga, abrirase un prazo de inscrición extraordinario para ampliar prazas.

¿A inscrición na Liga inclúe o seguro deportivo?

Efectivamente, todos os eventos da Liga contarán cun seguro de accidentes deportivos que cubrirá toda a tempada 2023.

¿Se non estou inscrito/a podo participar nos eventos da Liga?

Non, os eventos da Liga terán un aforo limitado e para poder acceder ás pistas de baile será requisito ter realizada previamente a inscrición a través do formulario web.

¿Hai que inscribirse na Liga para participar nos talleres?

Sí. Se queres participar nos talleres aínda que non compitas, é preciso que realices a inscrición a través da páxina web da Liga.

¿Hai que pagar para inscribirse?

Non, a inscrición na Liga é de balde e da dereito a participar nos eventos (competicións e talleres formativos).

TALLERES ABERTOS

Ao inscribirte na Liga tamén poderás participar de balde, nos obradoiros de iniciación ao Break programados nas diferentes sedes.

Indica no formulario de inscrición que estás interesado/a en participar nos obradoiros para reservar a túa praza.

*Prazas limitadas e grupos reducidos.

FGBD LIGA

COMO INSCRIBIRSE

PREINSCRICIÓN

    Sexo

    Indica a categoría na que queres competir

    Categoría IniciaciónCategoría Intermedia (mesmos participantes desta categoría no 2023 + Top 3 Ranking Iniciación 1vs1 Liga 2023)Categoría Avanzada (mesmos participantes desta categoría no 2023 + Top 3 Ranking Intermedia 1vs1 Liga 2023)

    Indica os eventos da Liga nos que queres participar

    TODOSLalín (25 maio)Pontedeume (01 xuño)Noia (29 xuño)Porto do Son (06 xullo)Verín (24 agosto)Vigo (07 setembro)A Estrada (21 setembro)Ourense (12 outubro)Santiago (19 outubro)

    Indica se queres inscribirte nos talleres de iniciación ao Break

    Non


    Informamos que, segundo o disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril, (RGPD) e na L.O. 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), trataremos os seus datos coa única finalidade de xestionar a inscrición na "Liga Xunta de Galicia de Break 2024" e tramitar a alta do seguro de accidentes deportivos correspondente.


    Contacto de Axuda

    Teléfono (axuda co formulario): 637 089 318

    Correo do Soporte: info@ligaxuntabreak.org