Final da Liga Xunta de Galicia de Break este sábado en Compostela na Cidade da Cultura!!!

A 10ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase este sábado 03 de decembro en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura – Auditorio do Edificio Fontán) e será en formato individual 1vs1.

 

A competición dará comezo no horario habitual de 17:00 ata as 20:30 aprox. (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido por Bboy Retrokid na sala anexa ao Auditorio do Edificio Fontán.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 1vs1 (individual)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos con 2 Djs (Dj Mil e Danny FK), Norte como speaker e no xurado con SerLli, Lúa e Big Nomo.

 

CARTEL

 

 

 

 

#LigaXuntaBreak