Arquivo

A quinta xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase o sábado 27 de agosto en Verín (Camiño da Preguiza), enmarcado no festival de cultura urbana Extruga na Rúa (no caso de choiva, a competición terá lugar no pavillón municipal). O taller impartirase no mesmo lugar que a competición de 12:30 a 13:30 horas.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 1vs1 (individual)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos con Dj Danny FK, Anxo Flava como speaker e no xurado con Joseba, Serlli e Artur.

 

CARTEL

 

 

 

 

#LigaXuntaBreak

 

 

 

A Liga Xunta de Galicia de Break está a romper todos os pronósticos. Non hai resultado que se repita, con excepción da ourensá Mini Ali que segue invicta na categoría intermedia.

 

Noia non deixou indiferente a ninguén, dende a victoria, en cuartos de final, da Bgirl Xayna sobre o líder do ranking da categoría avanzada Chiscrow ata a final na mesma categoría na que batallaron polo primero posto Lil Rays e Gizmou, pai e fillo, dando como vencedor a o primeiro.

 

Na categoría intermedia, volve o coruñés Stormy que «cae» en cuartos de final contra Bgirl Noix, nunha batalla bastante igualada na que se pon de manifesto cómo as mozas e mozos están a subir o nivel do breaking galego xornada tras xornada. Finalmente Mini Ali suma outro ouro nunha final contra Bboy Wolfy, que ascende a segunda posición no ranking da liga, quitándolle o posto a vigesa Kway.
A categoría de iniciación segue sumando o debut de novos competidores. Nesta categoría Bboy Pedrosa de Vigo foi o vencedor, mentres que Bboy Serferal, tras participar por primeira vez nesta tempada, leva para Ourense a medalla de prata.

 

Fixo entrega das medallas o alcalde de Noia Santiago Freire.

 

RESULTADOS:

 

Cat. Avanzada
🥇Lil Rays (O Carballiño)
🥈Gizmou (O Carballiño)

 

Cat. Intermedia
🥇Mini Ali (Ourense)
🥈Wolfy (A Coruña)

 

Cat. Iniciación 
🥇Pedrosa (Vigo)
🥈Serferal (Ourense)

 

 

Staff:
Dj Mil

 

Xurado:
Artur
Lúa
Danny Fk

 

FOTOS

 

#LigaXuntaBreak

 

A terceira xornada da Liga XGB celebrarase na Alameda de Noia (no caso de choiva, a competición terá lugar no pavillón Agustín Mourís situado ao lado da Alameda e anexo ao Espazo Xove). O taller impartirase no Espazo Xove de Noia situado na Rúa Pedra Sartaña, nº2.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 1vs1 (individual)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos con Dj Mil, Norte como speaker e no xurado con Artur, Lúa e Danny FK.

 

CARTEL

 

 

#LigaXuntaBreak


 

Aínda podes inscribirte e consultar toda a información sobre a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 na web: www.ligaxuntabreak.org

 

Despois de 5 meses de descanso, Lalín deu o pistoletazo de saída da nova tempada da Liga Xunta de Galicia de Break.

 

Nesta xornada, con preto de 40 deportistas e familiares acompañantes procedentes de toda a xeografía galega, estivo presente a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que presentou a iniciativa organizada pola Xunta de Galicia e promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte xunto con Xuventude como unha oportunidade para impulsar esta disciplina olímpica, resaltando a importancia de achegala á xuventude para fomentar valores propios do deporte como o respecto, o esforzo e o valor da constancia ou o traballo en equipo.

 

Por outra banda, Lalín foi testemuña dos cambios presentados na nova edición da Liga, dende a reccente estreada categoría de nivel intermedio ata a relaxación das medidas COVID.

 

 

 

DESENVOLVEMENTO DA COMPETICIÓN

 

En nivel avanzado, Chiscrow (Vigo), un dos máis veteráns do breaking galego, fíxose co primeiro posto nunha final moi pelexada contra o venezolano residente en Ourense Bboy Gizmou, que con só 17 anos de idade é un dos aspirantes ao trono galego.

 

Sen sorpresas na categoría intermedia, onde a defensora do título, Mini Ali (Ourense), segue invicta sen perder ningunha final dende que compite na Liga Xunta de Galicia de Break. Bgirl Kawai (Vigo), acadou a segunda posición, despois de sorprender en semifinais, gañando a Bboy Wolfy (A Coruña) que acadara a terceira posición no ranking de iniciación da Liga na tempada anterior.

 

 

Na nova categoría de iniciación vimos algunhas caras novas dos que se espera, sexan as novas promesas galegas do breaking. Nesta categoría, Bboy Chanq (Vigo), gañou o primeiro posto na batalla final contra Bboy Revolt (A Coruña).

 

 

O staff do evento organizado por Vella Escola, estivo formado por Dj Mil, o xurado: Anxo Flava, Danny FK e Artur Lago, este último campión da Liga 2021 que formará parte do xurado durante esta tempada compartido tribuna co segundo finalista Bboy Serlli.

 

Cabe destacar a grande participación nos obradoiros que se celebran antes da competición en cada unha das sedes da Liga e que teñen como fin achegar o breaking a xuventude galega impartidos polo compostelán Retro Kid.

 

 

Fotos por: @Raqeru

#LigaXuntaBreak


 

Aínda podes inscribirte e consultar toda a información sobre a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 na web: www.ligaxuntabreak.org