Arquivo

A 10ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase este sábado 03 de decembro en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura – Auditorio do Edificio Fontán) e será en formato individual 1vs1.

 

A competición dará comezo no horario habitual de 17:00 ata as 20:30 aprox. (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido por Bboy Retrokid na sala anexa ao Auditorio do Edificio Fontán.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 1vs1 (individual)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos con 2 Djs (Dj Mil e Danny FK), Norte como speaker e no xurado con SerLli, Lúa e Big Nomo.

 

CARTEL

 

 

 

 

#LigaXuntaBreak

 

 

 

A 8ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase no Espazo Xove de Ourense situado na rúa Celso Emilio Ferreiro, 27 e será en formato parellas 2vs2. A competición dará comezo no horario habitual de 17:00 ata as 20:30 aprox. (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido por Bboy Retrokid na planta alta do Espazo Xove de 12:30 a 13:30 horas.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 2vs2 (parella)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos con Dj Mil, Norte como speaker e no xurado con Chiscrow, Lúa e Big Nomo.

 

CARTEL

 

 

 

 

#LigaXuntaBreak

 

 

 

A sétima xornada da Liga Xunta de Galicia de Break chega a Pontedeume a falta de tres eventos para o final da tempada. Durante esta xornada moitos veciños e viandantes que paseaban pola alameda puideron presenciar as batallas que se desenvolveron no escenario principal do parque.

 

Pontedeume deixou un podio que permite que Bgirl Mini Ali (categoría intermedia) e Bboy Revolt (categoría iniciación) se posicionen a tan só 10 puntos da vitoria matemática, nas súas categorías.

 

A categoría avanzada estase a consolidar, amosando unha calidade de Breaking que nada ten que envexar ao panorama nacional.  Así se demostrou en batallas coma a que enfrentou a BigNomo con Marcel poñendo ao xurado sobre as cordas, nunha das batallas máis axustadas do día.  Pontedeume tamén vibrou coa batalla da categoría intermedia entre Bgirl Pau e Bboy Wolfy, que finalizou cun desempate na terceira rolda.

 

Os gañadores da xornada: Chiscrow, MiniAli e Revolt nas súas respectivas categorías (avanzado, intermedio e iniciación) están moi preto de acadar o ansiado título de campións da Liga Xunta de Galicia de Break, pero non vai ser doado. Bboy Amor, segundo en categoría avanzada e finalista en Pontedeume, continúa sumando puntos mantendo posición preto de Chiscrow.

 

Na categoría intermedia, Mini Ali segue invicta nesta competición, sen perder ningunha batalla dende a tempada anterior e a só unha fase de revalidar o título.  Onde sen dúbida hai expectación, é polo terceiro posto ao que poderán optar máis de 10 participantes nos próximos días.

 

En iniciación, Revolt e Pedrosa atopáronse novamente na final.  Nesta xornada, o Breaking lucense reforzou a súa participación na Liga con 3 novas competidoras. Xa se pode dicir que o Breaking está a ter movemento en todas as provincias galegas.

 

Nesta xornada de Liga tamén tivemos tempo para que as familias subiran a pista de baile durante un dos descansos das eliminatorias para demostrar as súas habilidades como bboys e bgirls.

 

O xurado estivo formado por Bgirl Cat, Anxo Flava e Bgirl Lúa.

 

Sen dúbida, o Breaking galego é un referente en igualdade e inclusión, onde a participación feminina está a superar á dos homes en moitas xornadas do circuito galego.

 

 

RESULTADOS

 

 

Categoría Iniciación:

🥇Revolt (A Coruña)
🥈Pedrosa (Vigo)

 

Categoría Intermedia:

🥇Mini Ali (Ourense)
🥈Pau (Vigo)

 

Categoría Avanzada:

🥇Chiscrow (Vigo)
🥈Amor (Neda)

 

Xurado:
– Bgirl Lúa
– Bboy Anxo Flava
– Bgirl Cat

 

🎤 Norte
🎶 DJ da Roots

 

 

FOTOS

 

 

 

#LigaXuntaBreak

 

 

 

A sexta xornada da Liga Xunta de Galicia de Break será en formato 2vs2 e celebrarase o sábado 10 de setembro en Vigo (Centro Comercial Vialia) no espazo Food Court (no interior en caso de mal tempo) en horario de 17:00 a 20:30 (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido por Bgirl Xayna no mesmo lugar que a competición de 12:30 a 13:30 horas.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 2vs2 (parellas)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos con Dj Mil, Norte como speaker e no xurado con Lúa, Chiscrow e Marcel.

 

CARTEL

 

 

 

 

#LigaXuntaBreak

 

 

 

A Liga Xunta de Galicia de Break está a romper todos os pronósticos. Non hai resultado que se repita, con excepción da ourensá Mini Ali que segue invicta na categoría intermedia.

 

Noia non deixou indiferente a ninguén, dende a victoria, en cuartos de final, da Bgirl Xayna sobre o líder do ranking da categoría avanzada Chiscrow ata a final na mesma categoría na que batallaron polo primero posto Lil Rays e Gizmou, pai e fillo, dando como vencedor a o primeiro.

 

Na categoría intermedia, volve o coruñés Stormy que «cae» en cuartos de final contra Bgirl Noix, nunha batalla bastante igualada na que se pon de manifesto cómo as mozas e mozos están a subir o nivel do breaking galego xornada tras xornada. Finalmente Mini Ali suma outro ouro nunha final contra Bboy Wolfy, que ascende a segunda posición no ranking da liga, quitándolle o posto a vigesa Kway.
A categoría de iniciación segue sumando o debut de novos competidores. Nesta categoría Bboy Pedrosa de Vigo foi o vencedor, mentres que Bboy Serferal, tras participar por primeira vez nesta tempada, leva para Ourense a medalla de prata.

 

Fixo entrega das medallas o alcalde de Noia Santiago Freire.

 

RESULTADOS:

 

Cat. Avanzada
🥇Lil Rays (O Carballiño)
🥈Gizmou (O Carballiño)

 

Cat. Intermedia
🥇Mini Ali (Ourense)
🥈Wolfy (A Coruña)

 

Cat. Iniciación 
🥇Pedrosa (Vigo)
🥈Serferal (Ourense)

 

 

Staff:
Dj Mil

 

Xurado:
Artur
Lúa
Danny Fk

 

FOTOS

 

#LigaXuntaBreak

 

Despois de 5 meses de descanso, Lalín deu o pistoletazo de saída da nova tempada da Liga Xunta de Galicia de Break.

 

Nesta xornada, con preto de 40 deportistas e familiares acompañantes procedentes de toda a xeografía galega, estivo presente a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que presentou a iniciativa organizada pola Xunta de Galicia e promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte xunto con Xuventude como unha oportunidade para impulsar esta disciplina olímpica, resaltando a importancia de achegala á xuventude para fomentar valores propios do deporte como o respecto, o esforzo e o valor da constancia ou o traballo en equipo.

 

Por outra banda, Lalín foi testemuña dos cambios presentados na nova edición da Liga, dende a reccente estreada categoría de nivel intermedio ata a relaxación das medidas COVID.

 

 

 

DESENVOLVEMENTO DA COMPETICIÓN

 

En nivel avanzado, Chiscrow (Vigo), un dos máis veteráns do breaking galego, fíxose co primeiro posto nunha final moi pelexada contra o venezolano residente en Ourense Bboy Gizmou, que con só 17 anos de idade é un dos aspirantes ao trono galego.

 

Sen sorpresas na categoría intermedia, onde a defensora do título, Mini Ali (Ourense), segue invicta sen perder ningunha final dende que compite na Liga Xunta de Galicia de Break. Bgirl Kawai (Vigo), acadou a segunda posición, despois de sorprender en semifinais, gañando a Bboy Wolfy (A Coruña) que acadara a terceira posición no ranking de iniciación da Liga na tempada anterior.

 

 

Na nova categoría de iniciación vimos algunhas caras novas dos que se espera, sexan as novas promesas galegas do breaking. Nesta categoría, Bboy Chanq (Vigo), gañou o primeiro posto na batalla final contra Bboy Revolt (A Coruña).

 

 

O staff do evento organizado por Vella Escola, estivo formado por Dj Mil, o xurado: Anxo Flava, Danny FK e Artur Lago, este último campión da Liga 2021 que formará parte do xurado durante esta tempada compartido tribuna co segundo finalista Bboy Serlli.

 

Cabe destacar a grande participación nos obradoiros que se celebran antes da competición en cada unha das sedes da Liga e que teñen como fin achegar o breaking a xuventude galega impartidos polo compostelán Retro Kid.

 

 

Fotos por: @Raqeru

#LigaXuntaBreak


 

Aínda podes inscribirte e consultar toda a información sobre a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 na web: www.ligaxuntabreak.org