Arquivo

 

XURADO

  • Serlli
  • Lúa
  • Chiscrow

 

DJ Mil + DJ Gabry Massa

 

HOST Norte

 

#LigaXuntaBreak

 

 

 

A 10ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase este sábado 03 de decembro en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura – Auditorio do Edificio Fontán) e será en formato individual 1vs1.

 

A competición dará comezo no horario habitual de 17:00 ata as 20:30 aprox. (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido por Bboy Retrokid na sala anexa ao Auditorio do Edificio Fontán.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 1vs1 (individual)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos con 2 Djs (Dj Mil e Danny FK), Norte como speaker e no xurado con SerLli, Lúa e Big Nomo.

 

CARTEL

 

 

 

 

#LigaXuntaBreak

 

 

 

Presentamos os resultados do evento da Liga Xunta de Galicia de Break celebrada o pasado sábado 23 de outubro en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura) enmarcado no evento Mocidade 2021:

 

➡️ Iniciación
🥇 Bgirl Mini Ali
🥈 Bgirl Pau

 

➡️ Avanzado
🥇 Bboy Gnomo
🥈 Bboy Artur

 

 

#XuventudeGalicia #DeporteGalego #breaking #ligaxuntadegaliciadebreak #LigaXuntaBreak #SantiagoDeCompostela #Mocidade2021 #CidadeDaCultura #VellaEscola #CulturaUrbanaGalicia

 

 

Compartimos o terceiro capítulo da serie da Liga Galega de Break que está a producir Bboy Serlli na súa canle Break Studio.

 

Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga na canle de Youtube https://www.youtube.com/user/SerlliBboy e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes.

 

 

 

Pois sí, Bboy SerLli comparte con todos nós as súas reflexións e experiencia sobre competición e algunha das claves importantes para gañar batallas de Break. Dalle unha ollada ao segundo capítulo da serie que deixamos xusto a continuación e logo xa sabes…A PRACTICAR!!!

Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga na canle de Youtube https://www.youtube.com/user/SerlliBboy e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes.

 

 

 

Break Studio é unha canle de Youtube especializada en Break con máis de 35.000 subscritores e que está protagonizada por Bboy Serlli. O pasado luns 10 de maio, publicábase nesta canle a grande nova de que Bboy Serlli participará na Liga Galega de Break e que compartirá públicamente a través desta canle os seus adestramentos e a súa a participación nas competicións da Liga, facendo análise de cada detalle.

 

Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes.