7ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break o 8 de outubro en Pontedeume!!!

A 7ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break terá lugar na Alameda de Pontedeume (pavillón do IES Breamo en caso de chuvia) e será en formato 1vs1. A competición dará comezo no horario habitual de 17:00 ata as 20:30 aprox. (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido por Bboy Retrokid no Espazo Xove de Pontedeume de 12:30 a 13:30 horas.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 1vs1 (individual)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos con Dj Danny FK, Norte como speaker e no xurado con Lúa, Vanesa e Anxo.

 

CARTEL

 

 

 

 

#LigaXuntaBreak