A alameda de Pontedeume acolle a Liga Xunta de Galicia de Break!!!

A sétima xornada da Liga Xunta de Galicia de Break chega a Pontedeume a falta de tres eventos para o final da tempada. Durante esta xornada moitos veciños e viandantes que paseaban pola alameda puideron presenciar as batallas que se desenvolveron no escenario principal do parque.

 

Pontedeume deixou un podio que permite que Bgirl Mini Ali (categoría intermedia) e Bboy Revolt (categoría iniciación) se posicionen a tan só 10 puntos da vitoria matemática, nas súas categorías.

 

A categoría avanzada estase a consolidar, amosando unha calidade de Breaking que nada ten que envexar ao panorama nacional.  Así se demostrou en batallas coma a que enfrentou a BigNomo con Marcel poñendo ao xurado sobre as cordas, nunha das batallas máis axustadas do día.  Pontedeume tamén vibrou coa batalla da categoría intermedia entre Bgirl Pau e Bboy Wolfy, que finalizou cun desempate na terceira rolda.

 

Os gañadores da xornada: Chiscrow, MiniAli e Revolt nas súas respectivas categorías (avanzado, intermedio e iniciación) están moi preto de acadar o ansiado título de campións da Liga Xunta de Galicia de Break, pero non vai ser doado. Bboy Amor, segundo en categoría avanzada e finalista en Pontedeume, continúa sumando puntos mantendo posición preto de Chiscrow.

 

Na categoría intermedia, Mini Ali segue invicta nesta competición, sen perder ningunha batalla dende a tempada anterior e a só unha fase de revalidar o título.  Onde sen dúbida hai expectación, é polo terceiro posto ao que poderán optar máis de 10 participantes nos próximos días.

 

En iniciación, Revolt e Pedrosa atopáronse novamente na final.  Nesta xornada, o Breaking lucense reforzou a súa participación na Liga con 3 novas competidoras. Xa se pode dicir que o Breaking está a ter movemento en todas as provincias galegas.

 

Nesta xornada de Liga tamén tivemos tempo para que as familias subiran a pista de baile durante un dos descansos das eliminatorias para demostrar as súas habilidades como bboys e bgirls.

 

O xurado estivo formado por Bgirl Cat, Anxo Flava e Bgirl Lúa.

 

Sen dúbida, o Breaking galego é un referente en igualdade e inclusión, onde a participación feminina está a superar á dos homes en moitas xornadas do circuito galego.

 

 

RESULTADOS

 

 

Categoría Iniciación:

🥇Revolt (A Coruña)
🥈Pedrosa (Vigo)

 

Categoría Intermedia:

🥇Mini Ali (Ourense)
🥈Pau (Vigo)

 

Categoría Avanzada:

🥇Chiscrow (Vigo)
🥈Amor (Neda)

 

Xurado:
– Bgirl Lúa
– Bboy Anxo Flava
– Bgirl Cat

 

🎤 Norte
🎶 DJ da Roots

 

 

FOTOS

 

 

 

#LigaXuntaBreak