Vigo pecha a Liga Xunta de Galicia de Break 2021!!!

Vigo pecha a liga Xunta de Galicia de Break tras 9 eventos de liga celebrados e organizados por Vella Escola nas localidades de Viveiro, Lalín, Noia, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Vilagarcia de Arousa, Ourense e Santiago de Compostela.

 

 

 

O C. C. Vialia de Vigo foi o lugar elixido para poñer o broche final á primeira liga de Breaking, que este mesmo ano foi considerado como modalidade deportiva na comunidade galega. Nesta edición, que contou coa presenza do Secretario Xeral para ou Deporte Galego Jose Ramon Lete Lasa, púidose gozar dunha vibrante batalla nas semifinais que enfrontaron a Artur vs Serlli e que ata ese momento loitaban polo primeiro posto da liga, e que tras un empate, o xurado deu a batalla a Artur coroándoo como o primeiro Campión da Liga Galega de Break en Categoría Pro.

 

 

 

Polo outro lado das semifinais enfrontáronse Amor e Sinopsis, que con 15 e 18 anos representan a prometedora canteira galega, nesta ocasión, e por segunda vez na Liga, Amor colocouse na final que deu como gañador a Artur (Santiago de Compostela).

 

 

 

Na categoría de iniciación, que matematicamente xa contaba coa ourensá Mini Ali como campiona da Liga e con Pau (Vigo) como subcampiona, senteuse a pista de baile vibrar con maxia nunha final excepcional que eleva o nivel feminino do Break en Galicia.

 

 

 

Tamén loitaron polo terceiro posto Wolfy (A Coruña) e Noa (Vigo). Nesta categoría púidose observar o traballo que se está realizando cos mozos e mozas galegos/as e a implicación das familias que asistiron a cada evento do circuito. O elenco de xuíces estivo formado por: Chiscrow, Lúa e Niko, mentres que Dj Mil foi o encargado da música e Anxo Flava a voz do evento.

 

 

Unha tarde de domingo que, sen dúbida, quedará gravada para a historia do Breaking galego.

 

RESULTADOS da competición da “Liga Xunta de Galicia de Break (Vigo)”

 

CATEGORÍA AVANZADA
1° Artur Lago – Artur (Santiago de Compostela)
2° David Amor – Amor (Neda)

 

CATEGORÍA INICIACIÓN
1° Alicia Babarro – MiniAli (Ourense)
2° Paula Costas – Pau (Vigo)

 

RESULTADOS XERÁIS DO RANKING DA LIGA

 

CATEGORÍA AVANZADA
1° Artur Lago – Artur (Santiago de Compostela)
2º Sergio Perol – SerLli (Santiago de Compostela)
3° David Amor – Amor (Neda)

 

CATEGORÍA INICIACIÓN
1° Alicia Babarro – MiniAli (Ourense)
2° Paula Costas – Pau (Vigo)
3º Ismael Borrallo – Wolfy (A Coruña)

 

#BreakingOlímpico #DeporteGalego #DeporteOlímpico #Breaking #Galicia #VellaEscola #XuventudeDeGalicia #LigaXuntaBreak