O 14 de maio comeza a Liga Xunta de Galicia de Break 2022!!!

Este sábado 14 de maio dará comezo a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 que terá como sede do primeiro evento do circuito galego a Laín. O evento desenvolverase no parque anexo ao Espazo Xove situado na rúa Penatoares, nº2.

 

A confirmación de asistencia para participar estará aberta desde as 16:00 ata as 17:00 horas, momento no que dará comezo a competición. Por outra banda, o taller de Breaking terá lugar en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e ubicarase no interior do Espazo Xove.

 

Como novidade, este ano a Liga contempla unha nova categoría denominada «intermedia», mantendo as anteriores de «iniciación» e «avanzado». Tamén hai un cambio para as competicións da Liga no formato 2vs2 xa que este ano permitirase que formen parella competidores/as de diferentes categorías. Por último, non é necesario estar en posesión de licenza federativa para participar nos eventos da Liga posto que todos/as os/as competidores/as estarán cubertos por un seguro de accidentes deportivos.

 

Podes consultar toda a información sobre a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 na web: www.ligaxuntabreak.org

 

CARTEL