O sexto evento da Liga Xunta de Galicia de Break aterriza en Pontevedra!!!

O vindeiro sábado 25 de setembro terá lugar en Pontevedra a sexta competición da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 2vs2 (parella) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).

 

O campionato do próximo sábado 25 de setembro ubicarase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) situado na rúa Padre Fernando Olmedo, nº1 – Pontevedra.

 

O taller formativo terá lugar no mesmo lugar que o evento (CGTD) en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

 

CARTEL