A seguinte parada da Liga Xunta de Galicia de Break será en Lugo!!!

Este sábado 16 de outubro desprazámonos a Lugo onde realizaremos a vindeira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 1vs1 (individual) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).

 

O campionato deste sábado ubicarase no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia situado na rúa Ronda da Muralla, nº71 – Lugo.

 

O taller formativo terá lugar no mesmo lugar que o evento en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

 

CARTEL