Bboy Serlli e Mini Ali imbatibles e á cabeza do ránking da L.X.G.B!!!

Bboy Serlli (Santiago de Compostela) e Mini Ali (Ourense) imbatibles e á cabeza do ránking da Liga Galega de Break!!! 

O campionato da Liga Xunta de Galicia de Break de Noia remata cunha participación de 38 competidores que se achegaron á vila mariñeira desde diferentes puntos de Galicia para batallar pola medalla de ouro da quinta xornada da Liga que finalmente caeu en mans de Sergio Perol (Bboy Serlli), deportista da categoría avanzada procedente de Ames e na ourensá Alicia Babarro (Bgirl Mini Ali) da categoría de iniciación.

A medalla de prata da categoría avanzada a levou David Amor (Bboy Amor) de Neda e a de iniciación foi para Paula Costas (Bgirl Pau) de Vigo.

O campionato realizouse baixo a produción da Vella Escola que contou cun xurado profesional especializado nesta nova disciplina olímpica para xulgar as batallas de ambas categoraís, co presentador de Cabral Bboy Norte e con Dj Mil aos pratos como responsable da selección musical.

A Liga Xunta de Galicia de Break terá as seguintes convocatorias en concellos como Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo.

 

 

FOTOS