Arquivo

A Liga Xunta de Galicia de Break continúa e nesta ocasión trasladámonos ao Espazo Xove de Viveiro cunha nova xornada organizada por Vella Escola e que comezou con obradoiros de Break impartidos por Bboy Serlli e Retrokid, que trasladaron a súa experiencia e coñecemento a tódolos participantes como veñen facendo en cada evento de Liga.

 

 

Pola tarde, con máis de 30 participantes, Viveiro foi escenario de batallas que quedarán gardadas nas nosas retinas, destacando as batallas finais de todas as categorías que puxeron sobre as cordas ao xurado, que logo de algún empate finalmente tivo que posicionarse. Nesta volta permanecen nos primeiros postos Chiscrow e MiniAli e Revolt acada o primeiro posto na categoría de iniciación subindo un posto con respecto á anterior xornada de Liga. Cabe destacar o debut na Liga 2022 de bgirl Pau que demostrou un nivel moi alto de Breaking na categoría intermedia, sen esquecernos de bboy Pedrosa que sorprendeu ao xurado chegando a desputar a final da súa categoría.

 

 

A tarde abriu cunhas palabras de benvida por parte da directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel que se achegou a Viveiro para presenciar o campionato ata as finais e participando tamén na entrega de premios.

 

 

Por outra banda, o noso speaker favorito, Sergio aka Norte, lembrounnos unha vez máis que o Breaking, ante todo, é para pasalo ben. Tanto o público, coma os participantes entenderon a mensaxe e Viveiro deixou unha moi grata imaxe da unión que existe entre as mozas e mozos deportistas da comunidade Galega de Breaking.

 

 

Nesta ocasión como parte do staff contamos con Bgirl Lúa, Anxo Flava e Bboy Serlli en calidade de xuíces, Norte ao micro animando o evento e co Dj jerezano, Danny FK soltando os mellores beats.

 

 

O podio quedou como segue:

 

Categoría Iniciación
🥇Bboy Revolt (A Coruña)
🥈Bboy Pedrosa (Vigo)

 

Categoría Intermedia
🥇Bgirl Miniali (Ourense)
🥈Bgirl Pau (Vigo)

 

Categoría Avanzada
🥇Bboy Chiscrow (Vigo)
🥈Bboy Marcel (Santiago DC)

 

 

 

 

MÁIS FOTOS (cedidas por Raqueru)


 

A segunda xornada da Liga XGB terá lugar en Viveiro, concretamente no Espazo Xove situado na Avenida Cervantes, 19 onde se desenvolverá a competición deportiva en horario de tarde precedida polo taller formativo que terá lugar no mesmo espazo en horario de mañá.

 

HORARIOS:

  • Taller formativo: 12:30 a 13:30
  • Confirmación de participación da competición: 16:00 a 17:00 horas.
  • Competición: 17:00 a 20:30 horas (aprox.)

 

FORMATO: 1vs1 (individual)

 

STAFF

Nesta xornada contaremos cun novo Dj (Danny FK) e con Bboy Serlli como xuíz (segundo finalista da Liga XGB) acompañado por Bgirl Lúa que volve como parte do xurado da Liga 2022.

 

CARTEL

 

 

#LigaXuntaBreak


 

Aínda podes inscribirte e consultar toda a información sobre a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 na web: www.ligaxuntabreak.org

 

1ª Xornada da Liga Galega de Break en Viveiro

 

O pasado sábado 22 de maio tivo lugar no Espazo Xove de Viveiro a primeira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción de Vella Escola e coa colaboración do Concello de Viveiro, a FEBD e DaRúa.

 

Nesta primeira xornada participaron ata 37 bboys/bgirls procedentes de diferentes localidades galegas e a competición iniciouse coa fase de preselección da categoría Iniciación do formato individual 1vs1 na que se clasificaron 16 bailaríns. Logo disto, desenvolveuse a competición da categoría Avanzada que comezou directamente na fase de cuartos de final do formato 1vs1.

 


RESULTADOS

 

Na categoría Iniciación 1vs1 acadan o primeiro e segundo lugar dúas bgirls procedentes de Vigo.

🥇 1º Posto: Paula Costas

🥈 2º Posto: Uxía Vázquez

 

Na categoría Avanzada 1vs1, logo dunha final moi axustada con resultado 2-1 acadan o primeiro e segundo posto dous bboys de Santiago de Compostela:

🥇 1º Posto: Sergio Perol

🥈 2º Posto: Artur Lago


 

O vindeiro sábado 22 de maio chega a Viveiro o primeiro campionato da «Liga Xunta de Galicia de Break» que terá lugar en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas na explanada exterior do Espazo Xove situado na Avda. Cervantes, nº19.

 

O mesmo día pola mañá en horario de 12:30 a 13:30 organizarase un obradoiro de iniciación ao Break aberto ao público xeral (grupos reducidos) e ubicado na mesma zona que o campionato.

 

Tanto a inscrición nos campionatos da Liga como nos talleres formativos realizaranse a través da web do programa www.ligaxuntabreak.org son de balde e a idade mínima para participar en ambas actividades é de 6 anos.

 

A continuación compartimos o cartel do evento.