Arquivo

1ª Xornada da Liga Galega de Break en Viveiro

 

O pasado sábado 22 de maio tivo lugar no Espazo Xove de Viveiro a primeira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción de Vella Escola e coa colaboración do Concello de Viveiro, a FEBD e DaRúa.

 

Nesta primeira xornada participaron ata 37 bboys/bgirls procedentes de diferentes localidades galegas e a competición iniciouse coa fase de preselección da categoría Iniciación do formato individual 1vs1 na que se clasificaron 16 bailaríns. Logo disto, desenvolveuse a competición da categoría Avanzada que comezou directamente na fase de cuartos de final do formato 1vs1.

 


RESULTADOS

 

Na categoría Iniciación 1vs1 acadan o primeiro e segundo lugar dúas bgirls procedentes de Vigo.

🥇 1º Posto: Paula Costas

🥈 2º Posto: Uxía Vázquez

 

Na categoría Avanzada 1vs1, logo dunha final moi axustada con resultado 2-1 acadan o primeiro e segundo posto dous bboys de Santiago de Compostela:

🥇 1º Posto: Sergio Perol

🥈 2º Posto: Artur Lago