XURADO
- SerLli
- Chiscrow
- Anxo Flava
DJ Mil
HOST Norte
#LigaXuntaBreak
XURADO
DJ Mil
HOST Norte
#LigaXuntaBreak
A Liga Xunta de Galicia de Break está a romper todos os pronósticos. Non hai resultado que se repita, con excepción da ourensá Mini Ali que segue invicta na categoría intermedia.
Noia non deixou indiferente a ninguén, dende a victoria, en cuartos de final, da Bgirl Xayna sobre o líder do ranking da categoría avanzada Chiscrow ata a final na mesma categoría na que batallaron polo primero posto Lil Rays e Gizmou, pai e fillo, dando como vencedor a o primeiro.
Fixo entrega das medallas o alcalde de Noia Santiago Freire.
RESULTADOS:
Cat. Avanzada
Lil Rays (O Carballiño)
Gizmou (O Carballiño)
Cat. Intermedia
Mini Ali (Ourense)
Wolfy (A Coruña)
Cat. Iniciación
Pedrosa (Vigo)
Serferal (Ourense)
Staff:
Dj Mil
Xurado:
Artur
Lúa
Danny Fk
FOTOS
#LigaXuntaBreak
A terceira xornada da Liga XGB celebrarase na Alameda de Noia (no caso de choiva, a competición terá lugar no pavillón Agustín Mourís situado ao lado da Alameda e anexo ao Espazo Xove). O taller impartirase no Espazo Xove de Noia situado na Rúa Pedra Sartaña, nº2.
HORARIOS:
FORMATO: 1vs1 (individual)
STAFF
Nesta xornada contaremos con Dj Mil, Norte como speaker e no xurado con Artur, Lúa e Danny FK.
CARTEL
#LigaXuntaBreak
Aínda podes inscribirte e consultar toda a información sobre a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 na web: www.ligaxuntabreak.org
Bboy Serlli (Santiago de Compostela) e Mini Ali (Ourense) imbatibles e á cabeza do ránking da Liga Galega de Break!!!
O campionato da Liga Xunta de Galicia de Break de Noia remata cunha participación de 38 competidores que se achegaron á vila mariñeira desde diferentes puntos de Galicia para batallar pola medalla de ouro da quinta xornada da Liga que finalmente caeu en mans de Sergio Perol (Bboy Serlli), deportista da categoría avanzada procedente de Ames e na ourensá Alicia Babarro (Bgirl Mini Ali) da categoría de iniciación.
A medalla de prata da categoría avanzada a levou David Amor (Bboy Amor) de Neda e a de iniciación foi para Paula Costas (Bgirl Pau) de Vigo.
O campionato realizouse baixo a produción da Vella Escola que contou cun xurado profesional especializado nesta nova disciplina olímpica para xulgar as batallas de ambas categoraís, co presentador de Cabral Bboy Norte e con Dj Mil aos pratos como responsable da selección musical.
A Liga Xunta de Galicia de Break terá as seguintes convocatorias en concellos como Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo.
FOTOS
O sábado 11 de setembro terá lugar en Noia o primeiro campionato da segunda fase da Liga Xunta de Galicia de Break
O campionato terá lugar a partir das 16:00 horas no parque da alameda (Pavillón Alonso Rodríguez en caso de choiva).
O taller formativo impartirase no Espazo Xove de Noia situado na rúa Pedra Sartaña, 2 en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).
CARTEL