Arquivo

 

XURADO

  • SerLli
  • Chiscrow
  • Nomo

 

DJ Mil

 

HOST Norte

 

#LigaXuntaBreak

 

 

 

Despois de 5 meses de descanso, Lalín deu o pistoletazo de saída da nova tempada da Liga Xunta de Galicia de Break.

 

Nesta xornada, con preto de 40 deportistas e familiares acompañantes procedentes de toda a xeografía galega, estivo presente a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que presentou a iniciativa organizada pola Xunta de Galicia e promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte xunto con Xuventude como unha oportunidade para impulsar esta disciplina olímpica, resaltando a importancia de achegala á xuventude para fomentar valores propios do deporte como o respecto, o esforzo e o valor da constancia ou o traballo en equipo.

 

Por outra banda, Lalín foi testemuña dos cambios presentados na nova edición da Liga, dende a reccente estreada categoría de nivel intermedio ata a relaxación das medidas COVID.

 

 

 

DESENVOLVEMENTO DA COMPETICIÓN

 

En nivel avanzado, Chiscrow (Vigo), un dos máis veteráns do breaking galego, fíxose co primeiro posto nunha final moi pelexada contra o venezolano residente en Ourense Bboy Gizmou, que con só 17 anos de idade é un dos aspirantes ao trono galego.

 

Sen sorpresas na categoría intermedia, onde a defensora do título, Mini Ali (Ourense), segue invicta sen perder ningunha final dende que compite na Liga Xunta de Galicia de Break. Bgirl Kawai (Vigo), acadou a segunda posición, despois de sorprender en semifinais, gañando a Bboy Wolfy (A Coruña) que acadara a terceira posición no ranking de iniciación da Liga na tempada anterior.

 

 

Na nova categoría de iniciación vimos algunhas caras novas dos que se espera, sexan as novas promesas galegas do breaking. Nesta categoría, Bboy Chanq (Vigo), gañou o primeiro posto na batalla final contra Bboy Revolt (A Coruña).

 

 

O staff do evento organizado por Vella Escola, estivo formado por Dj Mil, o xurado: Anxo Flava, Danny FK e Artur Lago, este último campión da Liga 2021 que formará parte do xurado durante esta tempada compartido tribuna co segundo finalista Bboy Serlli.

 

Cabe destacar a grande participación nos obradoiros que se celebran antes da competición en cada unha das sedes da Liga e que teñen como fin achegar o breaking a xuventude galega impartidos polo compostelán Retro Kid.

 

 

Fotos por: @Raqeru

#LigaXuntaBreak


 

Aínda podes inscribirte e consultar toda a información sobre a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 na web: www.ligaxuntabreak.org

 

Este sábado 14 de maio dará comezo a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 que terá como sede do primeiro evento do circuito galego a Laín. O evento desenvolverase no parque anexo ao Espazo Xove situado na rúa Penatoares, nº2.

 

A confirmación de asistencia para participar estará aberta desde as 16:00 ata as 17:00 horas, momento no que dará comezo a competición. Por outra banda, o taller de Breaking terá lugar en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e ubicarase no interior do Espazo Xove.

 

Como novidade, este ano a Liga contempla unha nova categoría denominada «intermedia», mantendo as anteriores de «iniciación» e «avanzado». Tamén hai un cambio para as competicións da Liga no formato 2vs2 xa que este ano permitirase que formen parella competidores/as de diferentes categorías. Por último, non é necesario estar en posesión de licenza federativa para participar nos eventos da Liga posto que todos/as os/as competidores/as estarán cubertos por un seguro de accidentes deportivos.

 

Podes consultar toda a información sobre a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 na web: www.ligaxuntabreak.org

 

CARTEL

 

 

 

 

2ª Xornada da Liga Galega de Break en Lalín

 

O pasado sábado 5 de xuño tivo lugar no Espazo Xove de Lalín a segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción de Vella Escola e coa colaboración do Concello de Lalín, a FEBD e DaRúa.

 

Nesta segunda xornada participaron 52 bboys/bgirls procedentes de diferentes localidades galegas e a competición iniciouse coa fase de preselección da categoría Iniciación do formato individual 1vs1 na que se clasificaron 16 bailaríns amosando un alto nivel técnico nesta categoría que pouco a pouco vai destacando as futuras promesas do Breaking galego.

 

Logo disto, desenvolveuse a competición da categoría Avanzada na que participaron 17 competidores/as e que rematou cunha final moi axustada cun resultado 2-1.

 


RESULTADOS

 

Na categoría Iniciación 1vs1 acadan o primeiro e segundo lugar dúas bgirls procedentes de Ourense e Vigo.

🥇 1º Posto: Alicia Babarro (MINI ALI) – Ourense

🥈 2º Posto: Carolina Kovacs (CAROLINA) – Vigo

 

Na categoría Avanzada 1vs1, logo dunha final moi axustada con resultado 2-1 acadan o primeiro e segundo posto dous bboys de Santiago de Compostela empatando a puntos no Ranking da Categroía Avanzada 1vs1:

🥇 1º Posto: Artur Lago (ARTUR) – Santiago de Compostela

🥈 2º Posto: Sergio Perol (SERLLI) – Santiago de Compostela

 

📊 Podes consultar o Ranking da Liga Galega de Break na web: https://ligaxuntabreak.org/ranking/


 

FOTOS por https://www.instagram.com/leti_cobo/

 

 

 

FOTOS por https://www.instagram.com/vellaescola_culturaurbana/

 

A segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break cae en Lalín

 

O vindeiro sábado 5 de xuño celebrarase a segunda xornada da Liga Galega de Break en Lalín e ubicarase no espazo exterior do Espazo Xove situado na rúa Penatoares, nº2.

 

O taller formativo terá lugar no interior do Espazo Xove en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

En caso de chuvia o evento desplazarase ao pavillón municipal.

 

 

CARTEL