Arquivo

A segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break cae en Lalín

 

O vindeiro sábado 5 de xuño celebrarase a segunda xornada da Liga Galega de Break en Lalín e ubicarase no espazo exterior do Espazo Xove situado na rúa Penatoares, nº2.

 

O taller formativo terá lugar no interior do Espazo Xove en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

En caso de chuvia o evento desplazarase ao pavillón municipal.

 

 

CARTEL


 

1ª Xornada da Liga Galega de Break en Viveiro

 

O pasado sábado 22 de maio tivo lugar no Espazo Xove de Viveiro a primeira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción de Vella Escola e coa colaboración do Concello de Viveiro, a FEBD e DaRúa.

 

Nesta primeira xornada participaron ata 37 bboys/bgirls procedentes de diferentes localidades galegas e a competición iniciouse coa fase de preselección da categoría Iniciación do formato individual 1vs1 na que se clasificaron 16 bailaríns. Logo disto, desenvolveuse a competición da categoría Avanzada que comezou directamente na fase de cuartos de final do formato 1vs1.

 


RESULTADOS

 

Na categoría Iniciación 1vs1 acadan o primeiro e segundo lugar dúas bgirls procedentes de Vigo.

🥇 1º Posto: Paula Costas

🥈 2º Posto: Uxía Vázquez

 

Na categoría Avanzada 1vs1, logo dunha final moi axustada con resultado 2-1 acadan o primeiro e segundo posto dous bboys de Santiago de Compostela:

🥇 1º Posto: Sergio Perol

🥈 2º Posto: Artur Lago


 

Pois sí, Bboy SerLli comparte con todos nós as súas reflexións e experiencia sobre competición e algunha das claves importantes para gañar batallas de Break. Dalle unha ollada ao segundo capítulo da serie que deixamos xusto a continuación e logo xa sabes…A PRACTICAR!!!

Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga na canle de Youtube https://www.youtube.com/user/SerlliBboy e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes.