Arquivo

O pasado sábado 16 de outubro tocou evento de Liga de Break en Lugo onde cos seguintes resultados acadados na competición 1vs1:

 

➡️ Iniciación
🥇 Bgirl Mini Ali (Ourense)
🥈 Bboy Stormy (A Coruña)

 

➡️ Avanzado
🥇 Bboy Artur (Santiago de Compostela)
🥈 Bboy SerLli (Santiago de Compostela)

 

#XuventudeGalicia #DeporteGalego #breaking #ligaxuntadegaliciadebreak #LigaXuntaBreak #Lugo #VellaEscola #CulturaUrbanaGalicia

 

 

Este sábado 16 de outubro desprazámonos a Lugo onde realizaremos a vindeira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 1vs1 (individual) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).

 

O campionato deste sábado ubicarase no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia situado na rúa Ronda da Muralla, nº71 – Lugo.

 

O taller formativo terá lugar no mesmo lugar que o evento en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

 

CARTEL


 

O vindeiro sábado 25 de setembro terá lugar en Pontevedra a sexta competición da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 2vs2 (parella) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).

 

O campionato do próximo sábado 25 de setembro ubicarase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) situado na rúa Padre Fernando Olmedo, nº1 – Pontevedra.

 

O taller formativo terá lugar no mesmo lugar que o evento (CGTD) en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

 

CARTEL


 

Bboy Serlli (Santiago de Compostela) e Mini Ali (Ourense) imbatibles e á cabeza do ránking da Liga Galega de Break!!! 

O campionato da Liga Xunta de Galicia de Break de Noia remata cunha participación de 38 competidores que se achegaron á vila mariñeira desde diferentes puntos de Galicia para batallar pola medalla de ouro da quinta xornada da Liga que finalmente caeu en mans de Sergio Perol (Bboy Serlli), deportista da categoría avanzada procedente de Ames e na ourensá Alicia Babarro (Bgirl Mini Ali) da categoría de iniciación.

A medalla de prata da categoría avanzada a levou David Amor (Bboy Amor) de Neda e a de iniciación foi para Paula Costas (Bgirl Pau) de Vigo.

O campionato realizouse baixo a produción da Vella Escola que contou cun xurado profesional especializado nesta nova disciplina olímpica para xulgar as batallas de ambas categoraís, co presentador de Cabral Bboy Norte e con Dj Mil aos pratos como responsable da selección musical.

A Liga Xunta de Galicia de Break terá as seguintes convocatorias en concellos como Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo.

 

 

FOTOS


 

 

 

O sábado 11 de setembro terá lugar en Noia o primeiro campionato da segunda fase da Liga Xunta de Galicia de Break

O campionato terá lugar a partir das 16:00 horas no parque da alameda (Pavillón Alonso Rodríguez en caso de choiva).

O taller formativo impartirase no Espazo Xove de Noia situado na rúa Pedra Sartaña, 2 en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

 

CARTEL


 

O vindeiro sábado 26 de xuño terá lugar en A Coruña a derradeira xornada da primeira fase da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 1vs1 (individual) para as dúas categorías de competición.

 

O campionato do próximo sábado 26 de xuño ubicarase nos Xardíns de Méndez Núñez (preto do palco da música) da cidade da Coruña.

 

O taller formativo terá lugar no mesmo lugar que o evento (Xardíns de Méndez Núñez) en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

 

CARTEL