Arquivo

3ª Xornada da Liga Galega de Break en Vilagarcía

 

O sábado 19 de xuño celebrouse en Vilagarcía a terceira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción de Vella Escola e coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, a FEBD e DaRúa.

 

Esta terceira xornada de Liga tivo lugar na Praza da Peixería onde se desenvolveu a primeira competición do formato 2vs (parellas), tanto na categoría de inciación coma na avanzada, ademais do formato «Best Trick» que se realizou despois da rolda de preselección de ambas categorías.

 

O formato 2vs2 uniu a competidores procedentes de diferentes localidades galegas para competir xuntos/as polo ouro, quedando o resultado da competición da seguinte forma:

 

 


RESULTADOS

 

Na categoría Iniciación 2vs2 acadan o primeiro e segundo lugar:

 

🥇 1º Posto: Paula Costas (PAU) & Noa Macías (NOA) – Vigo

🥈 2º Posto: Uxía Vázquez (UXI) & Noa Paz (NOIX) – Vigo

 

Na categoría Avanzada 2vs2, con resultado 3-0 acadan o primeiro e segundo posto:

 

🥇 1º Posto: Sergio Perol (SERLLI) & Sergio Mayo (SINOPSIS) – Santiago de Compostela & Vigo

🥈 2º Posto: Alberto Pérez (JUMB) & Juan Carlos Fontán (DRY BONES) – Poio & Pontevedra

 

 

O formato Best Trick desenvolveu 2 probas; unha baseada nun maior número de voltas de Backspin (xiros coa espalda) e outra na procura da mellor técnica de Windmill (molino) co seguinte resultado:

 

Máis xiros de Backspin:

1º) Bboy Serlli  (15 xiros)

2º) Bboy Gester (12 xiros)

3º) Bboy Rubio (8 xiros)

 

Mellor técnica de Windmill:

1º) Bboy Amor (molinos para os dous lados)

2º) Bboy Sinopsis (molinos con rebote)

3º) Bboy Marco (molinos oldschool coas mans xuntas)

 

 

 

📊 Podes consultar o Ranking da Liga Galega de Break na web: https://ligaxuntabreak.org/ranking/


 

FOTOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estreamos formato 2vs2 (parellas) na terceira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break que terá lugar en Vilagarcía de Arousa, así que xa sabes… non quedes sen parella!!!

 

O sábado 19 de xuño terá lugar en Vilagarcía de Arousa a terceira xornada da Liga Galega de Break e ubicarase no Parque da Xunqueira (pista vermella de baket) situado na rúa García Lorca, 7.

 

O taller formativo terá lugar no mesmo lugar que o evento (Parque da Xunqueira) en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

En caso de chuvia o evento desplazarase á Praza da Peixería.

 

FOTMATOS DO EVENTO

 

  • 2VS2 Categoría Aberta (Iniciación e Avanzados poden ir xuntos formando parella, 2 de iniciación e 2 de avanzado tamén)
  • 1vs1 Categoría Avanzada
  • Best Trick

 

 

CARTEL


 

2ª Xornada da Liga Galega de Break en Lalín

 

O pasado sábado 5 de xuño tivo lugar no Espazo Xove de Lalín a segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción de Vella Escola e coa colaboración do Concello de Lalín, a FEBD e DaRúa.

 

Nesta segunda xornada participaron 52 bboys/bgirls procedentes de diferentes localidades galegas e a competición iniciouse coa fase de preselección da categoría Iniciación do formato individual 1vs1 na que se clasificaron 16 bailaríns amosando un alto nivel técnico nesta categoría que pouco a pouco vai destacando as futuras promesas do Breaking galego.

 

Logo disto, desenvolveuse a competición da categoría Avanzada na que participaron 17 competidores/as e que rematou cunha final moi axustada cun resultado 2-1.

 


RESULTADOS

 

Na categoría Iniciación 1vs1 acadan o primeiro e segundo lugar dúas bgirls procedentes de Ourense e Vigo.

🥇 1º Posto: Alicia Babarro (MINI ALI) – Ourense

🥈 2º Posto: Carolina Kovacs (CAROLINA) – Vigo

 

Na categoría Avanzada 1vs1, logo dunha final moi axustada con resultado 2-1 acadan o primeiro e segundo posto dous bboys de Santiago de Compostela empatando a puntos no Ranking da Categroía Avanzada 1vs1:

🥇 1º Posto: Artur Lago (ARTUR) – Santiago de Compostela

🥈 2º Posto: Sergio Perol (SERLLI) – Santiago de Compostela

 

📊 Podes consultar o Ranking da Liga Galega de Break na web: https://ligaxuntabreak.org/ranking/


 

FOTOS por https://www.instagram.com/leti_cobo/

 

 

 

FOTOS por https://www.instagram.com/vellaescola_culturaurbana/

 

Compartimos o terceiro capítulo da serie da Liga Galega de Break que está a producir Bboy Serlli na súa canle Break Studio.

 

Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga na canle de Youtube https://www.youtube.com/user/SerlliBboy e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes.

 

 

 

A segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break cae en Lalín

 

O vindeiro sábado 5 de xuño celebrarase a segunda xornada da Liga Galega de Break en Lalín e ubicarase no espazo exterior do Espazo Xove situado na rúa Penatoares, nº2.

 

O taller formativo terá lugar no interior do Espazo Xove en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid e Bboy Serlli (Break Studio).

 

En caso de chuvia o evento desplazarase ao pavillón municipal.

 

 

CARTEL


 

1ª Xornada da Liga Galega de Break en Viveiro

 

O pasado sábado 22 de maio tivo lugar no Espazo Xove de Viveiro a primeira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción de Vella Escola e coa colaboración do Concello de Viveiro, a FEBD e DaRúa.

 

Nesta primeira xornada participaron ata 37 bboys/bgirls procedentes de diferentes localidades galegas e a competición iniciouse coa fase de preselección da categoría Iniciación do formato individual 1vs1 na que se clasificaron 16 bailaríns. Logo disto, desenvolveuse a competición da categoría Avanzada que comezou directamente na fase de cuartos de final do formato 1vs1.

 


RESULTADOS

 

Na categoría Iniciación 1vs1 acadan o primeiro e segundo lugar dúas bgirls procedentes de Vigo.

🥇 1º Posto: Paula Costas

🥈 2º Posto: Uxía Vázquez

 

Na categoría Avanzada 1vs1, logo dunha final moi axustada con resultado 2-1 acadan o primeiro e segundo posto dous bboys de Santiago de Compostela:

🥇 1º Posto: Sergio Perol

🥈 2º Posto: Artur Lago


 

Pois sí, Bboy SerLli comparte con todos nós as súas reflexións e experiencia sobre competición e algunha das claves importantes para gañar batallas de Break. Dalle unha ollada ao segundo capítulo da serie que deixamos xusto a continuación e logo xa sabes…A PRACTICAR!!!

Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga na canle de Youtube https://www.youtube.com/user/SerlliBboy e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes.

 

 

 

Break Studio é unha canle de Youtube especializada en Break con máis de 35.000 subscritores e que está protagonizada por Bboy Serlli. O pasado luns 10 de maio, publicábase nesta canle a grande nova de que Bboy Serlli participará na Liga Galega de Break e que compartirá públicamente a través desta canle os seus adestramentos e a súa a participación nas competicións da Liga, facendo análise de cada detalle.

 

Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes.

 

 

 

O vindeiro sábado 22 de maio chega a Viveiro o primeiro campionato da «Liga Xunta de Galicia de Break» que terá lugar en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas na explanada exterior do Espazo Xove situado na Avda. Cervantes, nº19.

 

O mesmo día pola mañá en horario de 12:30 a 13:30 organizarase un obradoiro de iniciación ao Break aberto ao público xeral (grupos reducidos) e ubicado na mesma zona que o campionato.

 

Tanto a inscrición nos campionatos da Liga como nos talleres formativos realizaranse a través da web do programa www.ligaxuntabreak.org son de balde e a idade mínima para participar en ambas actividades é de 6 anos.

 

A continuación compartimos o cartel do evento.