Viveiro vibra a golpe de Breaking Galego!!!

A Liga Xunta de Galicia de Break continúa e nesta ocasión trasladámonos ao Espazo Xove de Viveiro cunha nova xornada organizada por Vella Escola e que comezou con obradoiros de Break impartidos por Bboy Serlli e Retrokid, que trasladaron a súa experiencia e coñecemento a tódolos participantes como veñen facendo en cada evento de Liga.

 

 

Pola tarde, con máis de 30 participantes, Viveiro foi escenario de batallas que quedarán gardadas nas nosas retinas, destacando as batallas finais de todas as categorías que puxeron sobre as cordas ao xurado, que logo de algún empate finalmente tivo que posicionarse. Nesta volta permanecen nos primeiros postos Chiscrow e MiniAli e Revolt acada o primeiro posto na categoría de iniciación subindo un posto con respecto á anterior xornada de Liga. Cabe destacar o debut na Liga 2022 de bgirl Pau que demostrou un nivel moi alto de Breaking na categoría intermedia, sen esquecernos de bboy Pedrosa que sorprendeu ao xurado chegando a desputar a final da súa categoría.

 

 

A tarde abriu cunhas palabras de benvida por parte da directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel que se achegou a Viveiro para presenciar o campionato ata as finais e participando tamén na entrega de premios.

 

 

Por outra banda, o noso speaker favorito, Sergio aka Norte, lembrounnos unha vez máis que o Breaking, ante todo, é para pasalo ben. Tanto o público, coma os participantes entenderon a mensaxe e Viveiro deixou unha moi grata imaxe da unión que existe entre as mozas e mozos deportistas da comunidade Galega de Breaking.

 

 

Nesta ocasión como parte do staff contamos con Bgirl Lúa, Anxo Flava e Bboy Serlli en calidade de xuíces, Norte ao micro animando o evento e co Dj jerezano, Danny FK soltando os mellores beats.

 

 

O podio quedou como segue:

 

Categoría Iniciación
🥇Bboy Revolt (A Coruña)
🥈Bboy Pedrosa (Vigo)

 

Categoría Intermedia
🥇Bgirl Miniali (Ourense)
🥈Bgirl Pau (Vigo)

 

Categoría Avanzada
🥇Bboy Chiscrow (Vigo)
🥈Bboy Marcel (Santiago DC)

 

 

 

 

MÁIS FOTOS (cedidas por Raqueru)