A nova xeración de Bboys e Bgirls sube o nivel na xornada da Liga de Break de Verín!!!

Volve a Liga Xunta de Galicia de Break, esta vez dentro da programación do Festival Extruga na Rúa, celebrado en Verín.  Rematou o verán, pero non as ganas de seguir bailando Break e así o deron a coñecer todos os/as deportistas que participan na Liga, que unha vez máis tivo unha alta participación.

 

 

Neste día moitos bboys e bgirls demostraron na pista de baile todo o que adestraron durante o período de vacacións con batallas moi igualadas e algunhas sorpresas,  desde Javix, que conseguiu o se debut en powermoves sacando un dos movementos máis característicos desta modalidade, os windmills, ata bboy Manu que sorprendeu chegando á final da categoría avanzada contra bboy Amor, este último, consegue en Verín a súa primeira vitoria nesta tempada da Liga, situándose na segunda posición a escasos puntos de Chiscrow.

 

 

Na categoría intermedia, Mini Ali continúa outra xornada invicta, aínda que pouco faltou para que Wolfy lle arrebatara a disputada final por 2 votos en contra e un a favor.  Pau, que quedou en semifinais ante MiniAli, trouxo un estilo máis refinado que non deixou indiferente a ninguén. Sen dúbida a madurez dos bboys e bgirls galegos/as comeza a notarse.

 

 

Por último, pero non menos importante, a categoría de iniciación contou con 8 participantes, sendo Bboy Revolt o vencedor da xornada tras unha disputada final ante Elías.  Por outra banda, nótase a presión dos máis novos, con Naix e Pedrosa chegando ás semifinais.

 

 

 

O staff do evento estivo composto por Dj da Roots, Anxo Flava no micro e o elenco de xuíces formado por Serlli, Joseba e Artur.

 

 

RESULTADOS

 

Categoría Iniciación:

🥇Revolt (A Coruña)
🥈Elías (A Cañiza)

 

Categoría Intermedia:

🥇Mini Ali (Ourense)
🥈Wolfy (A Coruña)

 

Categoría Avanzada:

🥇Amor (Neda)
🥈Manu (Vigo)

 

Xurado:
– SerLli
– Joseba
– Artur

 

🎤Anxo Flava
🎶 DJ da Roots

 

 

 

#LigaXuntaBreak