Batallas 1vs1 e crew vs crew improvisada na terceira xornada da Liga en Noia!!!

A Liga Xunta de Galicia de Break está a romper todos os pronósticos. Non hai resultado que se repita, con excepción da ourensá Mini Ali que segue invicta na categoría intermedia.

 

Noia non deixou indiferente a ninguén, dende a victoria, en cuartos de final, da Bgirl Xayna sobre o líder do ranking da categoría avanzada Chiscrow ata a final na mesma categoría na que batallaron polo primero posto Lil Rays e Gizmou, pai e fillo, dando como vencedor a o primeiro.

 

Na categoría intermedia, volve o coruñés Stormy que «cae» en cuartos de final contra Bgirl Noix, nunha batalla bastante igualada na que se pon de manifesto cómo as mozas e mozos están a subir o nivel do breaking galego xornada tras xornada. Finalmente Mini Ali suma outro ouro nunha final contra Bboy Wolfy, que ascende a segunda posición no ranking da liga, quitándolle o posto a vigesa Kway.
A categoría de iniciación segue sumando o debut de novos competidores. Nesta categoría Bboy Pedrosa de Vigo foi o vencedor, mentres que Bboy Serferal, tras participar por primeira vez nesta tempada, leva para Ourense a medalla de prata.

 

Fixo entrega das medallas o alcalde de Noia Santiago Freire.

 

RESULTADOS:

 

Cat. Avanzada
🥇Lil Rays (O Carballiño)
🥈Gizmou (O Carballiño)

 

Cat. Intermedia
🥇Mini Ali (Ourense)
🥈Wolfy (A Coruña)

 

Cat. Iniciación 
🥇Pedrosa (Vigo)
🥈Serferal (Ourense)

 

 

Staff:
Dj Mil

 

Xurado:
Artur
Lúa
Danny Fk

 

FOTOS

 

#LigaXuntaBreak