Último evento da Liga Xunta de Galicia de Break o domingo 19 de decembro en Vigo!!!

O domingo 19 de decembro terá lugar a última xornada da Liga Xunta de Galicia de Break 2021 en Vigo (Centro Comercial Vialia Estación) con formato 1vs1 (individual) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).

 

O campionato dará comezo a partir das 16:00 horas no espazo «Vigo Exporta» situado no Centro Comercial Vialia Estación de Vigo ubicado na rúa Praza Estación, 1 – Vigo.

 

O taller formativo terá lugar no mesmo lugar que o evento en horario de mañá de 12:30 a 13:30 e será impartido por Bboy Retrokid.

 

 

CARTEL