BREAK STUDIO fará unha serie sobre a Liga na súa canle de Youtube!

Break Studio é unha canle de Youtube especializada en Break con máis de 35.000 subscritores e que está protagonizada por Bboy Serlli. O pasado luns 10 de maio, publicábase nesta canle a grande nova de que Bboy Serlli participará na Liga Galega de Break e que compartirá públicamente a través desta canle os seus adestramentos e a súa a participación nas competicións da Liga, facendo análise de cada detalle.

 

Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes.